A Garda Civil incauta máis de 300 quilos de haxix

    haxix100_060808.jpgPONTEVEDRA > A Garda Civil desarticulou unha organización que se dedicaba a traer a España haxix desde o norte de África

    haxix300_060808.jpgPONTEVEDRA > A Garda Civil de Pontevedra desarticulou unha organización que se dedicaba a vender planadoras no norte de África para transportar desde alí droga a través das costas andaluzas e polo resto do litoral mediterráneo. As últimas investigacións permitiron a detención de cinco persoas e a incautación de algo máis de 300 quilos de haxix, cinco vehículos, móbiles e diversa documentación.

    A operación foi desenvolvida pola Unidade de Delincuencia Organizada e Antidroga en colaboración coa Garda Nacional Republicana de Portugal, que viñan investigando desde hai máis dun ano as actividades delictivas de varias persoas na provincia de Pontevedra e na zona norte de Portugal. Estas persoas, a través de varios intermediarios do sur da península, facilitarían a venda de embarcacións rápidas (planadoras) a outros individuos do norte de África, para ser utilizadas como medio de transporte para intruducir a droga principalmente no litoral da comunidade autónoma andaluza e no resto da costa mediterránea.

    A pasada fin de semana logrouse deter en Tui a un portugués, C.A.P., como principal responsable da fabricación, venda e distribución das planeadoras. Tamén se detivo en Pontevedra a un veciño de Poio, J.C.S.M., e a un asturiano, J.M.M.R., cando transportaban 200 quilos de haxix ocultos nun coche. O luns tamén se detivo a un veciño de Tomiño, J.C.M., e a outro de Nigrán, J.M.C.F. implicados na distribución e venda da droga.

    Redacción Salnés