Agosto deixa os mellores datos turísticos dos últimos 18 anos nas Rías Baixas

Pontevedra> O turismo en agosto deixa nas Rías Baixas os mellores datos no sector dos últimos 18 anos. Trátase dun mes no que se acadou unha ocupación do 91,11 por cento, superando en 12 puntos os datos estimados. A presidenta da Deputación anunciou que desta maneira, as Rías Baixas, convértense na cuarta zona turística con maior auxe de España. O turismo segue medrando nas Rías Baixas, no mes de agosto chegou a unha ocupación do 91,11 por cento, superando en 12 puntos os datos estimados para este mes. Estes resultados sitúan ás Rías Baixas como a cuarta zona turística con maior auxe de España, detrás do Pirineo Vasco, do Val de Arán e de Forteventura. Pontevedrá é a provincia galega máis atractiva de Galicia. Por comarcas o Salnés contou cunha ocupación media do 95,12 por cento. O turismo rural incrementouse en 10 puntos máis do estimado chegando ao 85,65 por cento e situándose no top ten a nivel nacional. En canto ao turismo que aterrou no mes de agosto na provincia o 36 por cento foi internacional e chegado principalmente de Portugal, Francia, Reino Unido e Italia. Dende a Hostaleira agardan un mes de setembro moi bo, portais de internet dan xa un 83 por cento de ocupación para este mes nas Rias Baixas.