Pontevedra> Dende Portos de Galicia presentaron esta mañá a 4ª fase do plan de limpeza de dársenas. Un plan que se executará en 5 zonas da provincia entre os que se atopa o porto de Vilanova de Arousa e o de Meloxo, no Grove. Os traballos comezarán o 18 deste mes. Todo listo para que comece a cuarta fase de limpeza de dársenas que se pon en marcha dende Portos de Galicia. O presidente desta entidade sinalou que serán 5 as zonas onde actuarán nesta cuarta fase, entre as que se atopa o porto de Vilanova de Arousa, o de Meloxo no Grove, Baiona, Bueu e Cesantes no concello de Redondela. O presidente de Portos de Galicia quixo deixar ben claro que non se trata de realizar unha dragaxe senon da recollida de residuos que van caendo nestas dársenas. Duran lembrou que no pasado ano recolleron 85 toneladas de lixo destas dársenas e que os traballos neste 2017 comezarán o vindeiro 18 de setembro e terán unha duración aproximada dunha semana.
Inicio PONTEVEDRA