Os traballadores de Ence boicotean o mitin do PSOE

PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence volveron a ser os protagonistas nesta xornada de campaña electoral. Nesta ocasión foi por unha concentración realizada durante o mitin do Partido Socialista en Pontevedra. No acto estiveron presentes a Ministra de Traballo, Magdalena Valerio, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O que ía a ser un xantar entre os socialistas non comezou da forma que todos esperaban. Os operarios de Ence concentráronse durante o mitin do Partido Socialista para reivindicar os seus postos de traballo. Un feito que non pasou por alto o candidato á alcaldía.

No mitin socialista estiveron presentes a Ministra de Traballo, Magdalena Valerio, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Dúas figuras básicas do partido que se mostraron ilusionados e esperanzados de cara ás eleccións municipais e que quixeron achegarse ata Pontevedra para manifestar o seu apoio a Tino Fernández.

Os socialistas non teñen dúbida de que a ilusión das pasadas eleccións xerais repetirase este domingo, coas municipais.