Vehículos e peóns: difícil convivencia nas rúas peonís de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía recibe ente dúas e tres denuncias ó día por infraccións de vehículos en rúas peonís. Ravella continúa coa súa aposta por unha cidade deseñada para as persoas, algo que parece que os coches non acaban de comprender nin respectar este modelo. A peonalización das rúas e prazas do centro urbano de Vilagarcía é unha das apostas claras do goberno da capital arousá. Incrementada nos últimos anos polo goberno do socialista Alberto Varela. Unha idea que reciben de boa gana comerciantes e cidadáns na súa maioría, pero que se atopa con reticencias se falamos dos condutores dos vehículos que teñen que circular polo centro. As cifras déixano claro. Isto supón unhas dúas ou tres denuncias á semana por parte de condutores imprudentes, que se poden estar expoñendo a multas de entre 100 ou 200 euros. As infraccións principais das multas cursadas foron por estacionamentos non permitidos. Desde Ravella teñen claro que seguirán apostan por unha cidade para os peóns, e por iso pronto anunciarán novas medidas para tentar reducir este tipo de infraccións. Aínda así, a peonalización continúa avanzando en Vilagarcía, e a próxima fase que prepara o goberno local é a da praza de Galicia, e o seu entorno, un dos espazos máis emblemáticos da cidade.