MEIS> Meis prepárase para a oitava edición do Solifesti. A iniciativa solidaria que impulsa o CPI do Mosteiro vaise celebrar este venres. Este ano a recadación irá destinada para o proxecto Son das flores, iniciativa dun colexio vigués que permite ofrecer clases de música para rapazada de familias con poucos recursos. Outra parte irá destinada ao banco de alimentos de Meis. Na xornada participará o alumnado de todos os centros educativos do municipio, xuntando uns 400 nenos e nenas. Ademais de obradoiros e xogos haberá distintas actuacións musicais para todos os públicos.
A solidariedade volve ser a protagonista en Meis da man do Solifesti. Esta iniciativa que impulsa o CPI do Mosteiro acada a súa oitava edición. Vaise celebrar este venres a partir das 5 da tarde no Campo da Feira. Este ano a recadación irá para dúas iniciativas. Unha parte irá para o banco de alimentos meisino. Outra, para o proxecto Son das flores do colexio Vicente Risco de Vigo.
Na xornada agárdase a implicación de 400 nenos e nenas, porque nesta iniciativa están implicados todos os centros do municipio. Cada un deles aportará tamén o seu talento ao festival.
A isto súmanse outras actuacións musicais para todos os públicos.
Ademais, a rapazada poderá participar en distintos obradoiros e xogos.
A cita complétase con postos con comida e bebida, así como venda solidaria de camisetas e rifas.











