Hoxe España celebrou o Día da Hispanidade. En Madrid tivo lugar esta mañá o acto solemne de homenaxe á bandeira nacional e o desfile militar con motivo de Día da Festa Nacional de España. Neste día tamén se celebra a conmemoración da Virxe do Pilar, patrona da Garda Civil. Telesalnés Barbanza estivo cos axentes de Vilagarcía.
A Garda Civil de Vilagarcía de Arousa celebrou esta mañá a conmemoración da súa patrona, a Virxe do Pilar. Mandos e axentes acompañados de autoridades e familiares iniciaron a xornada festiva na Igrexa Parroquial de Santa Eulalia onde asistiron a un acto relixioso.
Logo trasladáronse como xa é habitual ós salóns do Liceo Casino de Vilagarcía para celebrar un ágape. O acto estivo presidido polo Capitán da Garda Civil de Vilagarcía, José María Rancaño. O Capitán da Garda Civil estivo acompañado polo alcalde, Javier Gago, o concelleiro de Seguridade Cidadá Alejandro Quintela, o novo Comandante de Marina de Vilagarcía, Tomás Nodar Rey, e dos altos mandos das Policías Nacional e Local da cidade. Entre os asistentes tamén estaban os portavoces dos grupos municipais de Vilagarcía, e o presidente da Cámara de Comercio, Carlos Oubiña.