Sospeitan que os seu caseiro lles queimou parte da vivenda

    fotoincendiocopia.jpgMEIS> Foron os alugueiros os que avisaron ós bombeiros. Sospeitan que o lume podería ter sido causado polo seu caseiro para botalos do inmoble.

    {flowplayer}images/salnes/IncendioCasaMeis.flv{/flowplayer}

    Fai uns catro meses que este matrimonio e os seus tres fillos residen de alugueiro nesta vivenda. Xusto detrás dela conta cun segundo inmoble. Outra pequena vivenda, conectada á primeira, que tiña na parte baixa unha adega e na superior varias habitacións, hoxe todo elo quedou reducido a cinzas.

    Aínda que a familia non quixo facer declaracións á cámara si nos contou que para eles non hai dúbidas sobre os causas do lume, cren que o autor dos feitos é o propietario da vivenda e así o fixeron constar na súa denuncia ante a Garda Civil.

     Segundo eles este non é o primeiro incidente co que se atoparon no tempo que levan ocupando esta vivenda. Entre outros, un incendio que arrasou preto de mil metros xusto detrás da casa e mesmo roupa dos rapaces que tiñan almacenada e que tamén apareceu queimada enriba da lareira. Incidentes todos eles que están denunciados ante as autoridades, igual que o está a ameaza que lles fixera fai unhas semanas de queimarlles a casa se non a deixaban antes do día 1 de novembro.

    E é que segundo nos contan esta é a causa de todo o problema. Que o dono tería conseguido un comprador para a vivenda e quere forzalos a que marchen o antes posible, aínda que o seu contrato continúe en vigor.

     Así as cousas, a Garda Civil continúa investigado as causas do lume, para comprobar se finalmente se trata dun incendio intencionado. Coa denuncia interposta esta familia mantense a espera do xuízo aínda que buscando outro lugar para cambiar a súa residencia.

    Redacción Salnés