NOIA> A delegación estaba conformada por 120 alumnos e profesores de distintos institutos europeos e tamén de México participantes no campus xuvenil de carácter internacional integrado no proxecto Climántica, liderado polo instituto Virxe do Mar da localidade. A recepción no Concello, era unha máis das citas da ampla axenda que a delegación de participantes no campus xuvenil de carácter internacional Educocean que pretende dar respostas educativas ó problema do cambio climático, no marco do proxecto europeo Climántica que lidera ende hai uns dez anos o IES Virxe do Mar. Son en total unhas 120 persoas, entre profesores e alumnos, de países tan dispares como México, Polonia ou Portugal, e no que participan tamén centros educativos de diversas comunidades españolas, incluíndo Galicia. A delegación acaba de chegar da localidade lusa de Aveiro, onde se desenvolveu a primeira fase do proxecto. O alcalde, Santiago Freire, destacou a importancia deste proxecto, ó tempo que agardou que que experiencia sexa proveitosa para todos. Esta tarde tiñan previsto realizar diversas actividades na zona de Testal, unha visita ó casco histórico da vila e coñecer tamén os traballos do marisqueo. A xornada rematará mañá coa proxección das curtas seleccionadas no marco do proxecto e unha festa final.
Inicio Barbanza - Muros - Noia