A Xunta aposta polo emprendemento no sector forestal

    PONTEVEDRA> A Xunta colabora coa Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e a Zona Franca para impulsar o emprendemento no sector forestal. O conselleiros de Economía, Francisco Conde estivo, este venres, en Pontevedra, onde sinalou a importancia do sector forestal na comunidade. O sector forestal na nosa comunidade é un dos máis importantes. Conscientes de esta realidade dende a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Zona Franca e coa colaboración da Xunta, van a afondar na posta en valor do emprendemento no sector. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, que este venres estivo presente na Cámara de Comercio de Pontevedra, destacou que o sector forestal é un dos sectores estratéxicos máis importantes. E sinalou tamén que o sector forestal será un dos beneficiarios da Leis de Implantación Empresarial que se está a tramitar. Aproveitando a ocasión, Conde tamén fixo fincapé na importancia dos datos de produción industrial que este venres se deron a coñecer, e que conclúen que Galicia está a medrar por riba da media nacional, de aí a importancia de apoiar a tódolos sectores.