A Deputación de Pontevedra arranxará a estrada Sanxenxo-Bordóns-Samieira

    estradasanxenxobordonssamieira_100_260707__still_001.jpgSANXENXO > O investimento da obra superará os 7 millóns de euros e contempla a urbanización da rúa Sanxenxo.

    As obras permitirán mellora-lo trazado e a capa de rodadura na estrada que vai por Sanxenxo, Nanín, Bordóns, Dorrón e Samieira, ademais de dotar de servizos ós tramos de maior densidade de poboación. Máis de 500 fincas se verán afectadas polas obras, 11 de elas nas subida á Igrexa, e se terán que expropiar case 76.000 m² de cultivo e monte.

    Entre os bens afectados hai muros de contención e peche, verxas, columnas de formigón, cepas, árbores, galpóns, terrazas e algún acceso á finca. No caso da urbanización da rúa Sanxenxo, na parroquia de Padriñán, dotarase de servizos na rúa, gas, R, pluviais, telefonía, electricidade e beirarrúas. Na estrada Sanxenxo-Bordóns-Samieira as obras serán financiadas en 4 anualidades, dende este ano ata 2010 cando a Deputación terá investidos un total de 3 millóns 87 mil euros e o Concello de Sanxenxo algo máis de 2 millóns.

    A urbanización da rúa Sanxenxo terá un orzamento dun millóns 800 mil euros que se financiará en 3 anos. Os afectados teñen aínda 10 días para presentar as súas alegacións na Deputación.

    Redacción Salnés