ApiSalnés consolídase en Vilagarcía como o gran escaparate para o sector do mel na comarca

VILAGARCIA> ApiSalnés, a feira do mel de Vilagarcía, volve á cidade por segundo ano. A mostra ofrece un completo programa de actividades para gozar do sabor deste produto natural e aprender máis sobre as súas propiedades e beneficios. Hai programadas degustacións, obradoiros e conferencias ó longo de toda esta vindeira fin de semana.

O mel é un alimento tan saboroso como saudable. Na comarca do Salnés hai apenas un cento de apicultures que producen, sobre todo, mel de eucalipto.

Esta é unha das múltiples variedades que poderemos atopar nesta vindeira fin de semana na segunda edición de ApiSalnés, o gran escaparate dos produtos apícolas que volve a Vilgarcía.

Ao longo do sábado e do domingo, hai programadas diferentes actividades, dende conferencias ata obradoiros de elaboración de candeas con cera. Tamén haberá, como non, degustacións do produto.

A apicultura é un sector clave para o desenvolvemento do rural galego e, sobre todo, para a preservación do medio ambiente. A polinización das abellas é clave para a diversidade.

O sector enfróntase agora a tres grandes retos: o cambio climático, os pesticidas e a invasión da avespa velutina.

En toda Galicia, uns 2.000 apicultores forman parte da Asociación Galega de Apicultura, que organiza esta feira canda o Concello de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí