Do 8 ao 9 de setembro II Xornadas Fundación Manolo Paz

    CAMBADOS> A arte e a natureza conflúen por segundo ano consecutivo nas II Xornadas da Fundación Manolo Paz en Cambados. Os vindeiros 8 e 9 de setembro a fundación cambadesa acollerá esta cita coa que ademais haberá espazo para unha exposición, para a boa música e para unha entrega de premios. A Fundación Manolo Paz acollerá entre este venres e sábado as súa II Xornadas, que retoman esta impresionante localización como emprazamento para este foro de reflexión que tratará a relación da natureza coa arte. Nesta segunda edición a Fundación Manolo paz recoñecerá a labor de Ramón Pereiro, que se entregará o venres ao mediodía. Haberá tamén unha exposición titulada “Paisaxes sen título” a que precederan diferentes conversas entre especialistas sobre a pintura e as paisaxes. Unha ruta guiada polo Umia ou unha cata de viños son só algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo de estas xornadas, que terán como colofón musical final o grupo The Jazz Trío. Estas xornadas son de balde.