Os motores comezan a ruxir en Poio

    A oitava edición da concentración moteira “A rosa dos ventos” celebraráse en Poio esta próxima fin de semana. Unha cita que se agarda sexa a máis multitudinaria de tódalas celebradas ata o momento, e na que o respecto polo medioambiente terá un papel destacado. Música rock, xogos, degustacións de marisco, discoteca móbil, agasallos, e sobretodo, motos. A oitava edición da Rosa dos Ventos, a concentración moteira que organiza en Poio a motoclub que da nome ó evento, comeza xa a quentar motores. Desde o venres 7 ata o domingo 9 as rúas de Poio e concellos de arredores sentirán o ruxido dunha máis de 3.000 motos. Esta mañá presentouse a cita no concello poiense. O presidente do Motoclub destacou as novidades desta oitava edición, así como a relevancia que terá este ano o respecto polo medioambiente. Este ano agárdase que a participación sexa aínda máis alta que nas últimas edicións. Aínda están a tempo de inscribirse, por un prezo de 25 euros, que inclúe zona de acampada, comidas, espectáculos e actuacións, merchandising, rutas, e sorteos de agasallos. Teñen toda a información na páxina Arosadosventos.com