Pontevedra> Debido á falta de choivas nos últimos días na nosa terra, en Pontevedra, dende a fin de semana reabriron o embalse do Pontillón co fin de abastecer a poboación trala baixada do caudal do río Lérez. Dende o concello envían unha mensaxe de tranquilidade, de momento, non hai problema de abastecemento, pero tamén piden a poboación que realicen un uso racional da auga. A falta de chuvias comeza a notarse tamén en Pontevedra, dende o concello tiveron que reabrir o embarse do Pontillón co fin de abastecer a poboación trala baixada do caudal do Río Lérez. Na actualidade estase a empregar un 60 por centro do río Lérez e un 40 do Pontillón. Dende o concello envían unha mensaxe de tranquilidade, de seguir así se tomarán medidas como pedirlle a ENCE que rebaixe o seu consumo de auga, que supera os 32 mil metros cúbicos ao día e tamén suprimirían a rega de xardíns. Serían, tal e como dixo esta mañá Raimundo, medidas puntuais que de momento non hai que tomar. En relación a outros asuntos, o voceiro do Goberno tamén anunciou que a Xunta de Goberno Local ven de sacar a licitación os quioscos da praia fluvial e de Barcelos. Os interesados poderán presentar oferta por unha ou polas dúas instalacións.
Inicio PONTEVEDRA