Un “poboado de Nadal”, espectáculos itinerantes e unha tirolina, así será o Nadal de Pontevedra

PONTEVEDRA> Un “poboado de Nadal”, unha tirolesa e moita animación de rúa. Así será a programación de Nadal do Concello de Pontevedra. A Boa Vila iluminará este venres a cidade e, durante máis dun mes, levará a cabo diversas actividades para todos os públicos. Ademais, tampouco faltará a visita de Papá Noel e dos Reis Magos.

Pontevedra poñerá en marcha este venres a programación de Nadal. Unha programación intensa e segura a partes iguais na que non faltará a animación, a música e a ilusión que caracteriza cada ano estas festas.

O acendido da iluminación de Nadal terá lugar este venres ás 18:30 horas. A partir de aí poñerase en marcha unha ampla programación na que as rúas e o Teatro Principal serán os dous grandes escenarios.

En total, máis dunha trintena de espectáculos itinerantes aos que hai que sumar as dúas grandes novidades deste ano. A tirolesa de 150 metros que se instalará na rúa Raíña Vitoria e o “poboado de Nadal” que estará situado na Ferraría.

E aínda que a Covid complicará un pouco a súa chegada este ano, os máis pequenos teñen que estar tranquilos, porque Papá Noel, o Apalpador e Os Reis Magos confirmaron xa a súa visita.

Iso si, este ano tanto Papá Noel, como o Apalpador e os Reis Magos teñen claro onde mercarán os agasallos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí