Os turistas encantados coa prolongación do “veranillo” de San Miguel

    SANXENXO> As altas temperaturas e a falta de auga deste comezo de outono son prexudiciais para algúns sectores, outros en cambio asisten encantados a esta prolongación do verán. É o caso do turismo, tal e como puidemos comprobar esta mañá en Sanxenxo. Parece que San Miguel está sendo xeneroso de máis co veranillo deste ano. Pleno outono, e na Praia. Os termómetros dalgunhas localidades das Rías Baixas chegaron a marcar estes días o 30 graos. Aínda que para moitos a falta de auga é mala noticia, o certo é que esta prolongación do verán que estamos vivindo está sendo moi positiva para aqueles que viven do turismo. Esta fin de semana, o bo tempo, as potencialidade que ofrecen as Rías Baixas, e a coincidencia coa festa do Marisco do Grove, deixouse notar na ocupación hoteleira. Contentos os hostaleiros, e contentos, no pequeño comercio. Pero os que máis gozan sen dúbida destas temperaturas e do sol, os que teñen o tempo libre para desfrútalo, os turistas. Aínda que tamén existe certa preocupación polos cambios de temperaturas que estamos a vivir . Todo apunta a que esta próxima fin de semana, co gallo da ponte festiva do Pilar, os hoteis volv¡erán colgar o cartel de completo. E ademáis, parece que a cousa seguirá así por un tempo, porque dende Meteogalicia anuncian que non se agardan chuvias ata a segunda quincena deste mes.