7 prescriptores alemáns visitan a D.O. Rías Baixas

Pontevedra>Sete prescriptores alemáns visitan nestes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Degustarán preto de 62 caldos da D.O e terán a oportunidade de coñecer algunhas das súa bodegas. O obxectivo desta viaxe e coñecer máis sobre os viños albariños da Denominación de Orixe e establecer contacto con novas adegas das Rías Baixas. 7 presciptores alemáns visitaron a Denominación de Orixe Rías Baixas co fin de afondar no coñecemento dos viños desta Denominación. No Pazo de Mugartegui tiveron a oportunodade de degustar 32 marcas diferentes nunha cata que se repetiría horas máis tarde coa degustación doutras 32 marcas de albariños das Rías Baixas. Estes profesionais sinalaron que Alemaña conta cunha gran tradición vitivinícola pero que o albariño ten cabida e espazo neste país. Estes profesionais alemáns do mundo do viño definen da seguinte maneira do que para eles é o albariño. Un viño, que tal e como nos dixo este director de vendas e responsable de compras, se coñece perfectamente en Alemaña. E non é para menos, Alemaña é o terceiro mercado dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. No 2016 contou cun volume de máis de 524 mil litros. Debido á importancia, este mercado conta cun plan promocional propio dentro das accións do Consello Regulador.