Estamos preparados para unha situación de alerta por seca?

Pontevedra> E con esta situación de alerta por seca, do Lérez e da Ría de Pontevedra, hoxe quixemos saír a rúa para ver se a cidadanía fai un consumo responsable da auga. A gran maioría insisten en que si, e que consumen unicamente o que precisan e non malgastan este prezado ben. Aínda que son moitos os que aseguran que en Galicia non estamos acostumados ao aforro da auga, unha medida que nos vaia costar asumir e levar a cabo. Coa situación de alerta por seca do Lérez e da Ría de Pontevedra hai algo no que coincide toda a cidadanía, en que ten que chover. Moitos dos enquisados aseguraban que este tempo que estamos tendo en outubro e novembro é descoñecido para os galegos. E preguntados sobre si fan ou non un consumo responsable da auga no seu día a día, moitos din que si, que consumen o que precisan na súa xunta medida. E outros teñen claro que en Galicia, por moito que digamos, vainos a custar moito reducir o consumo da auga, xa que non estamos acostumamos a estar nunha situación de alerta por seca. Con todo, dende o concello de Pontevedra insisten e que non estamos nunha situación grave, o abastecemento está, de momento garantido. Iso si, fan un chamamento á un uso resposable deste ben, xa que non se estiman choivas ata a vindeira semana.