O PSOE reclama ao concello de Pontevedra o reforzo do persoal no CIM

PONTEVEDRA> O Partido Socialista reclama ao concello de Pontevedra que reforce as súas prácticas en materia de igualdade. A formación alertou esta mañá do desamparo que, aseguran, están a sufrir as mulleres da cidade pola falta de persoal e medios do Centro de Información á Muller durante o verán. Tampouco gusta a decisión de prescindir dos puntos morados nas festas que se celebran na cidade.

Para o Partido Socialista de Pontevedra, as mulleres da cidade están desamparadas. A formación alertou hoxe da falta de persoal e medios do Centro de Información á Muller neste mes de agosto.

Preocupa especialmente que esta situación se dea durante o verán, unha época na que, segundo Castro, repuntan os casos de violencia machista. De feito, a concelleira asegurou que esta falta de persoal xa afectou a unha usuaria do CIM.

Castro tampouco entende a decisión do goberno local de prescindir dos puntos morados nas festas do verán pontevedrés, sobre todo nas máis multitudinarias. Recordou que o papel destes lugares era ofrecer información, atención e apoio ás mullers que o precisaban.

A concelleira socialista tamén se referiu ao novo goberno da Deputación de Pontevedra. Paloma Castro destacou que a día de hoxe o executivo está formado por once homes e cinco mulleres; composición que, considera, supón un paso atrás na loita pola igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí