Augas de Galicia pide información aos concellos para establecer metas concretas para reducir o consumo da auga

Pontevedra>A seca continúa en Galicia, a lo menos durante esta semana. Trala activación de alerta decretada por Augas de Galicia, hoxe na delegación da Xunta en Pontevedra, mantiveron unha reunión con todos os concellos que se abastecen a través do sistema do Lérez e a Ría de Pontevedra. Dende Augas de Galicia din que a situación non é alarmante, pero que dende as administracións públicas deben adiantarse á choiva e tomar medidas o antes posible. Primeira reunión de Augas de Galicia cos doce concellos afectados pola activación da alerta por seca no sistema do Lérez e a Ría de Pontevedra. Os alcaldes deste municipio cren que é necesario realizar un cambio na política en relación a auga. Dende Augas de Galicia requeriron información para establecer con cada un dos concellos obxectivos e metas concretas para reducir o consumo da auga. A situación para o concello de Pontevedra non é alarmante pero sí teñen claro que se ten que facer un uso resposable da auga. Dende Augas de Galicia din que o principal a día de hoxe, tal e como estipula a normativa hidrolóxica, é gartantir o abastecemento de auga ao cidadá, seguido dos usos medioambientais, a continuación estaría a gandeiría e a agricultura e xa por último a industria. De aí a que dende augas de Galicia esixan a ENCE que reduza ao 50 por cento o seu consumo da auga, unha medida que agardan se faga efectiva a finais desta semana. O río Lérezs atópase nunha situación anomalamente baixa, o seu caudal circula a un 95 por cento menos que na mesma época do pasado ano, isto débese á situación de seca na que estamos. Dende Augas de Galicia agardan repetir esta reunión cos 12 concellos afectados a vindeira semana co fin de avaliar a redución de consumo a cada un deles.