O concello suspende o despregue dos composteiros comunais en Monte Porreiro

Pontevedra> Trala protesta no pleno da corporación, os veciños de Monte Porreiro conseguiron o seu cometido. O concello de Pontevedra ven suspender o despregue dos composteiros comunitarios nesta zona. Unha comisión supervisará a instalación co fin de tentar chegar a acordos que permitan atopar as mellores localizacións para estes composteiros. Finalmente os veciños de Monte Porreiro conseguiron o seu cometido, trala protesta do outros día no pleno, e a reunión mantida nesa xoranda pola noite, o portavoz da asociación de veciños O Mirador, solicitou ao concello que suspenda a instalación destes composteiros na zona. O Goberno Local ten previsto que se organice unha comisión para tentar chegar a acordos que pemitan atopar as mellores localizacións para estes composteiros comunitarios. O voceiro do Goberno Local tamén anunciou que entre este mércores ou xoves estará listo o borrador dos orzamentos para o vindeiro ano. Despois de manter reunión cos voceiros do resto dos partidos da oposición e coas federacións dos veciños dende o concello agardan poder pechar os orzamentos en tempo e forma para poder levalos a pleno no mes de decembro.