PONTEVEDRA> Precisamente, o grupo de hostaleiros que está á fronte desta recollida de alimentos é o que está a encabezar as protestas do sector na cidade. Hoxe valoraban así as axudas de ata 7.000 euros ao sector anunciadas pola Xunta de Galicia.
Este mediodía o sector volveu saír á rúa coas súas cazolas para facerse oír. A intención do colectivo é constituírse a vindeira semana como plataforma de afectados pola COVID, levando adiante un calendario de protestas. Polo de momento, cada venres manterán a cazolada para seguir chamando a atención sobre a súa situación, como un dos sectores máis afectados polas restricións.
Recordan, ademais, que a plataforma que nacerá a semana que vén non está pensada unicamente para os hostaleiros. Por iso fan un chamamento a todos os comerciantes e autónomos da cidade que se viran afectados dalgún xeito pola pandemia a unirse a eles.