Rafa Domínguez incrementará as prazas do persoal administrativo do Concello

PONTEVEDRA> O candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra comprometeuse esta mañá a que se gana as eleccións, convocará novas prazas no Concello para dotar os técnicos municipais de máis capital humano. Con esta acción, Rafa Domínguez pretende axilizar os trámites de licencias na Boa Vila.

“Licencia Express”, ese é o nome da nova proposta do Partido Popular. O candidato á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou esta mañá esta nova medida, coa que pretende axilizar a tramitación de licencias municipais. Segundo el, a lentitude nestes procedementos e exasperante e sinala tres causas principais.

Para solucionar este problema, Rafa Domínguez asegurou que é necesario solucionar o conflito laboral que existe entre o Concello e os funcionarios, e dotar os técnicos municipais de máis capital humano.

O candidato popular explicou tamén a posibilidade da utilización das entidades de Certificación de Conformidad Municipal para as licencias ligadas á actividade económica.

Polo tanto, se o Partido Popular gañase as eleccións municipais, Rafa Domínguez comprométese a convocar máis prazas para incrementar o persoal administrativo do Concello de Pontevedra.