A Orquestra Panorama, Os de Algures e Mercedes Peón farán vibrar á cidade no Mundial de Tríatlon

PONTEVEDRA> Non todo vai a ser deporte no Mundial de Tríatlon. O goberno municipal presentou esta mañá o TriFest. Un conxunto de actividades de animación e de espectáculos destinados aos deportistas, aos visitantes e aos veciños da Boa Vila e que se levarán a cabo do 26 de abril ao 4 de maio. Os de Algures, a Orquestra Panorama, Mercedes Peón ou o Doctor Queen son algúns dos artistas que farán vibrar á cidade mentres se celebra o ITU World Multisport.

A música e a cultura uniranse ao deporte na celebración do ITU World Multisport. Porque dende o 26 de abril ao 4 de maio, os deportistas que participen no mundial de Tríatlon, así como os visitantes e os veciños da Boa Vila, poderán desfrutar tamén do TriFest. Un conxunto de sete espectáculos que farán de Pontevedra unha cidade aínda máis vibrante, alegre e acolledora.

As gaitas de Os de Algures, o espectáculo da Orquestra Panorama ou o folk electrónico de Mercedes Peón farán vibrar a cidade de Pontevedra e darán a coñecer a nosa cultura ao resto do mundo.

A  Praza de España e a Avenida de Monteros Ríos serán a zona 0 do Trifest. Un festival que ofrecerá unha ampla variedade musical que combinará a produción local cunha parte máis internacional, para conseguir que Pontevedra sexa un referente mundial no deporte e tamén na cultura.

Comments are closed.