A Xunta aposta porque ELNOSA continúe coa súa actividade en Lourizán

Pontevedra> Dende a Xunta, o vicepresidente, dixo que a postura do Goberno Galego é por todos coñecida, e sempre que estea nas súas mans, axudarán a que os empregos e as empresas se queden en Pontevedra. Rueda dixo que a autorización foi dada despois de analizar toda a documentación de Elnosa, e garantir, dixo, que cumprían todos os parámetros esixidos. O vicepresidente da Xunta dixo que a postura do Goberno Galego é apostar por que as empresas e os traballos non se marchen da nosa comunidade. Rueda dixo que despois de analizar toda a información de ELNOSA, esta empresa cumple cos parámetros esixidos por iso a Xunta lle concedeu a ampliación da autorización ambiental integrada. Rueda lembrou no día de hoxe cal foi no seu momento o compromiso da Xunta de Galicia coa empresa ELNOSA e que posto que se cumpre o esixido eles autorizaron a continuidade desta empresa na ría de Pontevedra. Preguntado o vicepresidente sobre o permiso, o máis importante, que Costas lle ten que ceder para continuar neste espazo de Lourizán, Rueda dixo que iso non é competencia deles, que é do Estado e que polo tanto son eles os que deben de dar reposta a esta pregunta. Un permiso que de non chegar nos vindeiros días, ELNOSA tería que deixar de realizar o seu traballo neste punto da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí