Trabandaina organiza unha ruta do Camiño de Santiago por etapas dende o Cebreiro

NOIA> A actividade, que se desenvolverá do 4 de marzo ó 17 de xuño, incluirá tamén unha última etapa de Compostela a Noia rememorando a ruta Portus Apostoli. A pesar da súa recente creación coma club, con apenas un ano de vida, o Club de Senderismo Trabandaina xa leva realizado numerosas actividades. Actualmente a entidade traballa na organización dunha nova ruta. Neste caso facer o Camiño de Santiago por etapas dende o Cebreiro. Será do 4 de marzo ó 17 de xuño. Aproveitarase tamén esta ruta para darlle promoción á ruta Portus Apostoli. Así, unha vez chegado a Santiago a idea pasa por emprender unha última etapa de Compostela a Noia. Aquelas persoas que desexen sumarse a esta andaina xa poden inscribirse. Para máis información poden consultar o Facebook de Trabandaina. O Club xa se prepara para outro novo reto. Para o ano poder organizar unha ruta de 25 quilómetros de regularidade, incluída no Open de Andainas a nivel galego para a que conta tamén co apoio do Concello.