Xogadores do Obradoiro visitan o Barbanza

BARBANZA> Os rapaces das escolas deportivas municipais da Pobra e de Ribeira recibiron onte unha visita moi especial. A de varios xogadores do Monbus Obradoiro de Santiago, que milita na máxima categoría do baloncesto nacional. Ata o pavillón polideportivo de Venecia, na Pobra, achegáronse Durand Scott e Rafa Luz, mentres que a Ribeira foron Vasilis Xanthopoulos e Travis Peterson, os que se reuniron cos integrantes das escolas deportivas municipais. Os pequenos tiveron oportunidade de realizarlle preguntas, recadar algún que outro autógrafo e mesmo fotografarse cos seus ídolos. A iniciativa forma parte do convenio asinado por estes dous concellos co club santiagués de cara a promoción do deporte da canastra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí