O concello de Lousame inviste uns 26 mil euros en diversas melloras no PAI

LOUSAME> Ademais da instalación do aire acondicionado e dun encerado dixital, realizáronse actuacións na zona exterior do recinto, dotando de chan de caucho ó parque infantil e creando unha zona de sombra para os cativos. Unha subvención concedida pola consellería de Política Social por un importe de algo máis de 26 mil euros permitiulle ó concello de Lousame poder acometer diversas obras de mellora e a instalación de novos equipamentos no Punto de Atención á Infancia de Tállara. Segundo explicou a propia rexedora Teresa Villaverde a axuda permitiu a adquisición dun encerado dixital e dun equipo informático, así como a instalación dun sistema de aire acondicionado. A axuda tamén posibilitou a realización de melloras na parte exterior do inmoble, concretamente no parque infantil, onde se ampliou a todo o patio o chan de caucho e se dotou dunha zona de sombra. O Punto de Atención á Infancia de Lousame dispón de 20 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.