O Adif ve “viable” a proposta da intermodal de Vilagarcía

VILAGARCÍA> A estación intermodal de Vilagarcía está hoxe un chisco máis preto de facerse realidade. O Adif ve con bos ollos a proposta do Concello de integra-la estación de tren nas instalacións ferroviarias. O alcalde mantivo unha reunión en Madrid co administrador ferroviario, que considera ese proxecto razoable e viable.

O alcalde maila concelleira de Urbanismo desprazáronse onte ata Madrid para manter unha xuntanza con técnicos do Adif. Nese encontro, púxose sobre a mesa a proposta do Concello para a creación da futura estación intermodal de Vilagarcía. O proxecto busca integrar estas instalacións que ven –as da estación de autobuses- na de tren, conseguindo aglutinar nun único espazo.

Segundo o rexedor, o Adif considera a proposta do Concello máis que razoable. A proposta vilagarciá tería un custo moito máis reducido que outras intermodais que se están a proxectar noutras cidades de España, en boa medida grazas á dispoñibilidade de espazos nas instalacións do ferrocarril.

Este proxecto suporía tamén que estas instalacións da estación de autobuses quedarían dispoñibles para novos fins, que aínda están por concretar.

O seguinte paso será unha nova reunión coa Conselleira de Infraestruturas, para avanzar no financiamento do futuro proxecto, no que a Xunta terá que asumir un papel fundamental.