A traíña feminina ábrese un oco na IV Bandeira Virxe do Carme de O Grove

GROVE> As augas mecas volverán acoller unha carreira de traíñas. O vindeiro sábado dende o Porto do Grove partirán as embarcacións que participan na Bandeira Virxe do Carme. A competición cumpre a súa cuarta edición cunha novidade: a inclusión da modalidade feminina.

 

Hai xa catro anos que o Club de Remo Mecos recuperou a Bandeira de Traíñas Virxe do Carme. A cita deste ano celebrarase este sábado a partires das seis e media da tarde, con sete embarcacións que partirán do Porto de O Grove.

Como novidade, este ano celebrarase a primeira bandeira feminina. En augas mecas competirán ás 6 da tarde tres embarcacións dirixidas por padexeiras, nesta aposta polo deporte feminino do club meco.

En total serán 140 padexeiros e padexeiras os que compitan nesta edición, que percorrerán o campo tradicional.

Os mellores tempos repartiranse 6.000 euros en premios.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/15/trainas_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/15/trainas_grove.mp4{/flowplayer}