O Cambados quédase ás portas da final de Copa

CAMBADOS> O Xuventú de Cambados quedouse a un paso de acceder á final da Copa Deputación. Os de Ángel Oliveira caeron onte en penúltima rolda ante o gran favorito a levarse o título, o Coruxo. Iso sí, os amarelos venderon cara a súa derrota.

{flowplayer}images/salnes/futbol_300910.flv{/flowplayer} 

Gran imaxe a que deixou o Cambados ante a súa afección no serán de onte. E iso que tiñan diante súa a todo un 2ªB como o Coruxo que saíu moi forte dende o primeiro minuto. Os de Josiño Abalde non querían sorpresas e xa no saque inicial armaron unha xogada de gol que a piques estivo de acabar dentro da portería. Se cadra ese tanto no pirmeiro mintuo tivera cambiado o encontro pero o pau fixo que a resistencia cambadesa durase moitos máis minutos.

Foi grazas sobre todo á actuación estelar do gardamallas Rubén. Parounas de tódolos formas posibles e ante tódolos atacantes vigueses que pouco a pouco comezaban a desesperarse. O control era visitante ó 100% e rara vez o Cambados puido pasar do mediocampo co balón controlado. Se cadra a mellor ocasión tivérona nunha falta que Javi Sánchez estrellou na barreira. Así chegaríase ó descanso, cun 0-0 esperanzador para uns e irritante para os outros.

Pero o comezo do segundo tempo foi decisivo. Toda a resistencia foise ó traste en cinco minutos, cando o Coruxo anotou dous goles consecutivos por mediación de Zurbano e Quini. Lonxe de virse abaixo, a partir de ahí o Cambados xogou os seus mellores minutos do partido. Co rival algo relaxado, Aarón recurtou distancias, e pouco despois os verdes quedábanse con dez pola expulsión de Cosín.

A media hora restante foi un querer e non poder por parte dos cambadeses que quédanse deste xeito a un paso da final da Copa, que agora disputarán Coruxo e Alondras.

Redacción Salnés