As investigacións, trala reapertura do caso de Sonia Iglesias, céntranse na vivenda de San Amaro de Julio Araújo

Ponevedra>  Unha xornada, a de hoxe, onde se volveron a realizar rexistros na vivenda que a familia de Julio Araújo ten en San Mauro. Concretamente a investigación estivo centrada ao longo da mañá na finca desta casa, onde se volveron a realizar novas escavacións. Un lugar, esta vivenda, onde estiveron traballando arredor de duas horas e media. En torno ás 14:30 a policía científica remataba, por hoxe, os traballos neste lugar.

Parecía que os traballos de rexistro remataran no día de onte con preto de 11 horas de adicación nesta vivenda de Julio Araújo na parroquia de San Mauro. Pero hoxe a policía científuca volveu a este lugar. O principal punto da investigación parece estar na finca desta casa, concretamente na esquina pegada á capela de San Mauro. É máis, a policía científica entrou na propia Capela.

Os traballos desta mañá realizáronse durante máis de dúas horas. Chegaron ás 12:00 e recolleron o material aproximadamente ás 14:30 da tarde.

Unha vivenda, esta da familia de Julio Araújo, está sendo o principal foco de investigación dende a repartura do caso da desaparición de Sonia Iglesias, un caso que fora arquivado provisionalmente por falta de probas en abril do 2015.