Pontevedra> Julio Araújo está investigado por homicidio. Así o confirmou o seu avogado esta mesma tarde. Jesús Santaló, letrado do investigado, dixo que o seu cliente non prestou declaración na tarde de hoxe na Comisaría da Policía Nacional. O seu irmá, David Araújo, tamén está investigado no caso da desaparición de Sonia Iglesias.
Ás cinco en punto da tarde chegaban á comisaría Julio Araújo e o seu irmán, David, investigados ambos pola desaparición de Sonia Iglesias en agosto do 2010. O primeiro en entrar foi Julio Araújo. O seu avogado, Jesús Santaló, confimou que o seu cliente se acolleu ao seu dereito a non declarar.
A principal novidade da xornada tiñamolo á saída deste encontro na comisaría da Policía Nacional de Pontevedra cando o seu avogado confirmaba que Julio Araújo estaba sendo investigado por homicidio e non por delito ilegal como nas anteriores ocasións.
Santaló non sabe se haberá unha nova citación no xulgado nin tampouco, polo tanto, cando será. O letrado entende que a falta de probas fai que, unha vez máis, o seu cliente non sexa detido.
Santaló dixo esta mañá que o seu cliente estaba tranquilo e que a estratexia a seguir é a mesma que nos últimos anos.
O letrado amosouse sorprendido porque di que non atopa feitos que permitan reabrir as dilixencias deste caso.
En relación ao seu irmá, David Araújo, que entrou na comisaría ás 18:00 dixo que entendía que sería investigado pola mesma causa pero que tampouco o podía confirmar.
O avogado de David Araújo non quixo prestar declaración ante os medios, nin dicir en calidade de qué estaban sendo investigado o seu cliente, polo tanto de momento soamente temos confirmación da investigación de David Araújo neste caso, e da investigación de Julio Araújo por homicidio no caso da desaparición de Sonia Iglesias.