Os pontevedreses reciben con orgullo o Premio ONU-Hábitat

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/celebracion_onu_habitat.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/06/celebracion_onu_habitat.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Os pontevedreses reuníronse para celebrar o Premio ONU Hábitat. Onte, os veciños encheron o Teatro Principal para coñecer o galardón que refrenda o modelo urbano de Pontevedra, aquel que aposta por unha cidade centrada nas persoas. Os discursos do alcalde, do concelleiro de ordenación do territorio e das oito entidades e asociacións que acompañaron ao concello no premio, e cinco vídeos, axudaron a trazar o camiño que dende hai 15 anos levou a Pontevedra ata recoller este galardón en Dubái.

Así arrancaba o seu discurso o alcalde. Un orgulloso Miguel Anxo Fernández Lores, que celebraba o camiño recorrido pola cidade ata o seu modelo actual.

Contra vento e marea, o modelo proposto foi sumando adeptos. Agora, a cidade das persoas de Pontevedra é un referente a nivel mundial. Unha posición que hai que aproveitar.

Que o peón ten que ser o máis importante, é a base do modelo pontevedrés. E é que unha cidade debe ser para os cidadáns.

Ademais das intervencións de Lores e Mosquera, cinco vídeos axudaron a trazar este camiño percorrido pola vila; primeiro na súa transformación. Logo en Dubái. Tampouco faltaron as testemuñas dos socios deste proxecto: Deputación, COGAMI, Stop Accidentes, Fundación Meniños, ONCE, Federación de Asociacións de Veciños Castelao, AEMPE e Centro Comercial Urbano Zona Monumental. Todos aplaudiron a cidade na que se ten convertido Pontevedra.

Dende o patio de butacas do Teatro, moitos pontevedreses non quixeron perder este acto que durante hora e media conduciu o xornalista Xabier Fortes. Ao igual que pasara ao alcalde, os veciños non puideron, nin quixeron, ocultar o orgullo pola súa cidade.

Entre os veciños, tamén sentaron representantes da vida social e política pontevedresa. Entre eles, os voceiros de PP e PSOE, Jacobo Moreira e Antón Louro.