‘Bautismo’ na Lanzada para promocionar o ‘Surf Rías Baixas Pro’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/surf_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/surf_lanzada.mp4{/flowplayer} 

 

LANZADA> A partires de mañá, o surf reina na praia da Lanzada. Ata o domingo o areal acollerá o campionato de Surf Rías Baixas Pro; unha proba internacional que atraerá máis de 100 deportistas de 21 países diferentes. Pero mentres agardamos polos profesionais, hoxe políticos e deportistas doutras disciplinas recibiron o seu bautismo de surf.

Con máis ou menos estilo, caras coñecidas do mundo da política e do deporte recibiron hoxe o seu bautismo de surf.

Dende A Lanzada, todos quixeron apoiar o campionato de Surf Rías Baixas Pro, que dende mañá e ata o domingo fará deste deporte o rei do Salnés.

Pero o campionato non só está dirixido aos que xa saben surfear. O programa está cheo de actividades para adultos e nenos a partires de 9 anos que queiran ter o seu primeiro contacto con este deporte.

Máis de 100 profesionais de 21 países gozarán das ondas que lles ofrecerá A Lanzada. Pero mentres agardan polos verdadeiros profesionais, non esquezan que a intención é o que conta.