PORTO DO SON> Portos de Galicia acometerá melloras nos pantaláns de Porto do Son e Portosín. Trala recente xuntanza mantida polo alcalde e os responsables do ente autonómico, confirmaron o investimento que podería superar os seiscentos mil euros. Dado o estado de deterioro en que se atopan os pantaláns de Portosín, o concello solicitou a súa substitución, actuación que suporá un investimento por parte de Portos de Galicia de douscentos mil euros. Polo que respecta ó peirao do propio núcleo sonense, procederase á reordenación das dársenas destinando a interior á sétima lista e pasando as embarcaciós de terceira á exterior o que obrigará a dotala de novos pantaláns. Esta actuación enmárcase no proxecto de reforma integral da fachada marítima no que traballa o concello.
Inicio crb