Os Rías Baixas fúndense coa mellor música do cine

PONTEVEDRA> A Ruta do Viño Rías Baixas organiza “Notas de cata”, unha cita na que os viños da Denominación de Orixe mestúranse coa música. Durante a cata, os asistentes gozan tamén da música das mellores bandas sonoras interpretadas en directo por un dúo de corda.

Que as posibilidades dos viños de Rías Baixas son practicamente infinitas é algo que veñen demostrando con esmero dende hai anos. “Notas de Cata” é o último reto da Ruta do Viño.

Nesta cita entraron en xogo todos os sentidos. Ademais de probar diferentes caldos, guiados polas explicacións do sumiller José Aragunde, os asistentes gozaron da interpretación en directo dalgunhas das bandas sonoras máis coñecidas do cine a cargo dun dúo de corda.

E é que estas citas teñen por obxectivo facer que os asistentes pasen un bo rato achegándose aos viños dun xeito diferente, pero tamén animalos a profundar neste mundo, e en todas as posibilidades que ofrece o enoturismo.

Braveheart, La vida es bella, Memorias de África, Piratas del Caribe, Xogo de Tronos… Todas sonan mellor se é acompañadas dun viño Rías Baixas.