Medio Rural entrega ó concello do Son unha pértega para a loita contra a velutina

PORTO DO SON> Porto do Son é un dos cento dezaseis concellos que conforman o Plan de Vixilancia e Control da Vespa Velutina. A Xunta de Galicia, a través de diversas Consellerías, promove non só a dotación de recursos senón tamén a formación ás agrupacións e entidades locais para facer máis efectiva a erradicación desta especie invasora. Precisamente a directora xeral de Gandería entregou ó concello de Porto do Son unha pértega modular que permite acceder ós niños secundarios en altura. O alcalde destacou a importancia da colaboración cidadá con máis de corenta avisos de detección de niños recibidos no que vai de ano. Este material súmase ós equipos de protección individual e as trampas que xa entregou a administración a concellos, grupos de emerxencia e apicultores.