A Pobra homenaxea a Carlos Mosteiro cunhas xornadas literarias e unha rúa

POBRA> O concello da Pobra desenvolverá esta fin de semana as primeiras xornadas de literatura infantil Carlos Mosteiro. O programa inclúe o descubrimento dunha paca na honra do escritor, falecido o pasado ano. Tras convocar o primeiro certame de literatura infantil Carlos Mosteiro, o concello da Pobra, en colaboración coa asociación Barbantia e a editorial Galaxia, continúan cos actos de homenaxe ó escritor. Esta fin de semana terán lugar as primeiras xornadas dedicadas ó mestre que arrancarán o venres cunha mesa redonda a cargo de Fina Casalderrey e Blanca Ana Roig Rechou. Farase entrega ademais do primeiro premio de literatura infantil Carlos Mosteiro, dotado con premio de mil cincocentos euros e a publicación do libro. Un dos actos máis emotivos será a descuberta dunha placa en lembranza de Carlos Mosteiro na rúa Fernández Varela onde vivía o escritor recentemente falecido.