‘Trampa Mortal’ abre a tempada de outono no Auditorio

trampa_mortal copia.jpgVILAGARCIA> Os actores Paco Valladares e María Garralón, Julia en "Verano Azul", interpretan unha obra de suspense avalada por crítica e público.

{flowplayer}images/salnes/PTACION_TRAMPA_MORTAL.flv{/flowplayer}

Todo comeza cando un estudante de literatura lle entrega o manuscrito da súa primeira novela ó seu mestre, un sonado escritor de capa caída. Obsesionado por recuperar o éxito e a fama, o home planea matar ó seu pupilo e presentarse como o autor orixinal da obra. Este é o argumento de Trampa Mortal, a obra que este domingo, a partir das nove da noite, traerá ó auditorio de Vilagarcía a dous dos actores de máis calado na escena española: Paco Valladares e María Garralón, Julia na serie “Verano Azul”. Esta é a primeira das tres propostas que concello e Caixanova presentan para a tempada de outono.

Xa se poden adquirir as entradas para asistir tanto a esta obra coma ós espectáculos de ópera e danza que completan a programación deste trimestre. Os prezos oscilan entre os 12 e os 18 euros en función da zona, aínda uqe case o 50 por cento do aforo, unhas 300 butacas, está xa cuberto polos abonados.

Lembrar que existen descontos especial para maiores de 55 anos, mozos, e persoas en situación de desemprego. A reserva de entradas pode realizarse a través da páxina web de Caixanova, no portal www.servinova.com ou o domingo antes da representación a partir das sete da tarde.

Redacción Salnés