Chega a Semana Galega da Vela a Vilagarcía

VILAGARCÍA> Comeza a Semana Galega da Vela. Uns 125 regatistas participarán neste evento que inclúe diferentes probas e que se organizan dende o Centro Galego de Vela, que se celebrará do 13 ao 15 de xullo.
O Centro Galego de Vela, que está en Vilagarcía, acollerá a II Semana Galega da Vela do vindeiro 13 ao 15 de xullo.
Nesta segunda edición, tal e como se daba conta na presentación de este evento participarán uns 125 regatistas procedentes de clubs galegos e tamén do resto do país. No transcurso de esta edición, tamén terá lugar a Medal Race, que se celebrará o domingo na parte traseira do Centro Galego de Vela, e que estará aberta ao público que queira achegarse hasta esta localización.
O evento foi presentado esta mañá polo presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, acompañado do representante da Fundación de Deportes de Vilagarcía, Juanmi Doval.