‘La Leyenda de Fukaeri’, un thriller tinguido polo horror e a vinganza

fukaeri copia.jpg CAMBADOS> É a sexta obra do escritor cambadés Antonio Lorenzo Gómez, e a primeira que presenta na súa terra natal.

{flowplayer}images/salnes/LIBRO_FUKAERI_160512.flv{/flowplayer}

É a súa sexta novela pero este cambadés nado en 1970 nunca estivera na súa terra presentando unha obra súa. Ata agora. ‘La Leyenda de Fukaeri’ é un thriller existencialista no que a ficción bebe da experiencia vital do autor; Antonio Lorenzo Gömez.

Cambadés de nacemento, tamén o municipio ten a súa presenza na obra. A nivel inspirador, como salientou o escritor Luis Rei. Segundo o ensaista, Antonio Lorenzo reflicte nesta obra un Cambados crepuscular e por veces corrupto. Un ambiente no que se recrea unha historia policiaca con trazos de novela negra.

Segundo Rei, se hai un aspecto que salienta na obra, ademais da trama, é o estilo. Para o autor, se Antonio Lorenzo pasa á historia da literatura non será polas súas andanzas vitais, senón pola súa vontade creativa.

Lorenzo ten colleitado varios premios literarios e na actualidade pertence á Asociación Canaria de Escritores. No seu currículo conta con oficios tan dispares como peón de albanel durante dez anos, corredor de fondo ou ser campión de España de maratón por equipos e subcampión de media maratón.

Redacción Salnés