Os turistas, encantados coa peonalización da cambadesa praza de Fefiñáns

CAMBADOS> Os turistas que estes días estrean a peonalización da cambadesa praza de Fefiñáns e as rúas da súa contorna téñeno claro: sen coches, o espazo gaña. Os visitantes cren que a medida é beneficiosa para o turismo na vila, porque –segundo nos contan- a zona mellora a súa imaxe.

Outros engaden que a zona, pola que acotío pasean ducias e ducias de persoas, tamén incrementa a súa seguridade. Entre os veciños da vila, mentres, atopamos opinións para tódolos gustos.

A peonalización de Fefiñáns e as rúas Real e Príncipe polongarase, de momento, ata finais de agosto.