ENCE comeza as sinaturas da segunda convocatoria do seu Plan Social

Pontevedra> Esta mañá tivo lugar a primeira quenda de sinaturas das axudas da II Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra. As protagonistas da xornada foron as empresas e asociacións vencelladas coa recuperación e coidado da contorna, unha área da que se beneficiaron un total de 48 empresas.

Das 93 empresas que presentaron a súa solicitude para a Convocatoria de Axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra, na área de recuperación e coidado da contorna 48 contaron con esta  inversión. 48 empresas que esta mañá asinaron esta adxudicación na papeleira da cidade. Lembramos que en total serán 300 os proxectos que recibirán axudas nesta II Convocatoria, o que significa que contará con 70 beneficiarios máis que na pasada edición. En total , o 63 por cento dos proxectos que foron presentados a este plan Social Ence Pontevedra resultaron beneficiarios. Concretamente, 296 proxectos recibirán os 3 millóns de euros da II Convocatoria do Plan Social. Hoxe foi a quenda da area de recuperación e coidado da contorna e mañá será o turno da área de apoio ao Deporte de Base.