Agreden a dous mozos de orixe senegalesa en Ribeira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/agresionsenegalesesribeira1805151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/agresionsenegalesesribeira180515.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Meses despois das violentas agresións acontecidas a principios de febreiro cando dous encapuchados golpearon a varios mozos armados con bates de beisbol, a capital do Barbanza volveu ser escenario dun episodio similar. Os feitos aconteceron a madrugada do sábado cando dous mozos, de orixe senegalesa, foron vítimas dunha agresión. O primeiro deles volvía da mesquita en dirección á súa vivenda cando se topou con mozo que, tras propinarlle diversos insultos, bateulle cunha botella na cabeza. A vítima fuxiu do lugar e chegou a casa, onde se atopaba o seu compañeiro de piso. Cando os dous baixaron para acudir ó centro de saúde, o agresor e outro individuo estaba agardándoos e golpearon ó compañeiro cunha barra de ferro. Ámbolos dous precisaron atención médica e foron trasladados ó hospital do Barbanza onde recibiron varios puntos de sutura. Agora continúan a recuperarse das súas feridas e, aínda que prefiren ocultar o seu rostro, un dos agredidos relatounos o acontecido. A pesar de que continúan co susto no corpo non se senten ameazados polo que seguirán coa súa vida normal baseada no traballo e no deporte, xa que militan en equipos de fútbol da comarca. Malia que o suceso causou gran expectación na vila, son poucos os que consideran que pode haber motivos racistas detrás da agresión. Son moitos os cidadáns de raza negra que levan anos vivindo no municipio, perfectamente integrados e sen ter vivido ningunha situación como a acontecido o sábado. Máis ben atribúen este episodio violento a acción de dous vándalos que só buscaban pelexa e que toparon no seu camiño a estes dous rapaces. Polo momento, a policía xa procedeu a identificar a un dos agresores, un mozo de vinte e cinco anos natural da parroquia de Olveira, que conta con numerosos antecedentes.