Os Herdeiros volven a Cambados esta fin de semana

CAMBADOS> A agrupación Xironsa volve un ano máis a celebrar o seu festival en Corvillón os vindeiros 24 e 25 de agosto. Como prato forte; os Herdeiros que volven a Cambados un ano despois do cheo histórico en Fefiñans no Albariño do 2017.
Os Herdeiros volven a Cambados. Corvillón acollerá esta fin de semana a XVIII edición do festival Xironsa, que contará con tres días de música tradicional e rock.
O parque de A Seca será o emprazamento elixido para a celebración do evento, que arrincará o vindeiro 24 de agosto con pasarúas. O vermut ou o almorzo son outro dos pratos fortes de esta celebración.
O ano pasado xuntáronse neste evento máis de 4.000 persoas, este a organización espera chegar ata os 5.000. Recordar que a acampada e o aparcamento son de balde.