Mar porá en marcha unha campaña informativa sobre o anisakis

GALICIA> A Consellería do Mar trasladou ó sector un esbozo da campaña informativa sobre o anisakis que pretende poñer en marcha a Xunta de Galicia. Foron moitos os puntos a tratar na última reunión do Consello Galego de Pesca desenvolvido este luns. Entre eles, a proposta dunha campaña informativa sobre o anisakis para frear o alarmismo creado nos últimos meses en torno ó incremento da presenza deste parásito en determinadas especies. Durante a xuntanza a conselleira tamén lle trasladou ó sector o ditame da Comisión Europea no reg8ulamento de control da pesca e a proposta da Consellería para incrementar as posibilidades de pesca, en base ó bo estado en que se atopan algúns caladoiros.O Consello analizou tamén a proposta de regulamento e desenvolvemento da primeira lei de Portos de Galicia.