Esta fin de semana disputarase a XX Regata Ramiro Carregal Rey

PORTO DO SON> As instalacións do Real Club Náutico de Portosín acollían a presentación da Regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran na comarca do Barbanza, disputarase esta vindeira fin de semana, os días 22 e 23.

É sen dúbida unha das regatas de maior nivel de tódalas que se disputan no Barbanza que chega este ano a súa vixésima edición. a proba está organizada polo Real Club Náutico Portosín, coa colaboración do Club Náutico e Deportivo de Ribeira e a Real Federación Galega de Vela. Como en edicións anteriores está destinada á clase cruceiro, con tres categorías: Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro.

Un ano máis a regata será puntuable para a Copa de Galicia ORC e para o Circuíto Rías Baixas de A Dous, este último só na xornada do sábado que será cando se celebre a travesía costeira dende Portosín ata Ribeira.

Dende a organización agardan unha participación dunha trintena de embarcacións sumando a totalidade dos tres Grupos de ORC e a modalidade do A Dous.

A última edición da regata tivo como gañador na xeral ó Oral Group-Galimplant, patroneado por Pedro Pazos, do Real Club Náutico de Sanxenxo. O trunfo na clase Regata foi para o Clínicas Gaias, de José María Peinó, do Real Club Náutico Portosín. En Cruceiro-Regata o gañador foi o Entropía, de Jorge Arán, tamén do náutico sonense e na Clase Cruceiro a vitoria foi para o Camping Ría de Arosa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico de Boiro.