Ribeira homenaxeará ás mulleres do mar o vindeiro 8 de marzo

RIBEIRA> Entre os actos programados para conmemorar o Día Internacioal da Muller figura tamén figura tamén a inauguración dunha escultura en forma de piramide invertida que será instalada na praza Heroínas de Sálvora en memoria das vítimas da violencia de xénero.

O Concello de Ribeira prepara unha serie de actos cos que conmemorar este 8 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora. Un dos máis significativos, como vén sendo habitual nestes últimos anos, terá lugar no propio salón de plenos cunha homenaxe ó clectivo das mulleres do mar.

Outro dos actos programados terá lugar o día 28 deste mes de marzo coa inauguración, na praza Heroínas de Sálvora, a carón do novo mercado municipal, dunha escultura elaborada polo artista Fernando Yáñez, en memoria das vítimas da violencia de xénero.

O Concello programou tamén unha actividade escolar denominada “Maxia pola Igualdade”, a cargo de Fani Triana, que terá lugar o día 12 no Auditorio e colaborará con distintas asociacións e colectivos feministas na realización dun mural na praza de España. Unha actividade esta na que pretende implicarse tamén ós centros educativos do municipio.